HELEN AND SHANA

Helen and Shana é unha formación galega que iniciou a súa andaina como dúo en 2013 e que chega ao festival reforzando a súa proposta musical xa como cuarteto para presentar o seu novo traballo (“Tempo”), no que recollen influencias procedentes de distintas culturas, con letras en inglés, galego, portugués e español.

Amante das texturas e con sons de base folk, a banda aposta pola mestizaxe cultural percorrendo distintos estilos e xerando paisaxes con diferentes capas a través das que constrúen temas que van dende o intimismo a outros estratos máis festivos, coloridos e mesmo psicodélicos.