KIM LENZ

“Se Elvis fora muller, probablemente tería soado como Kim Lenz”. Palabras da edición estadounidense de Rolling Stone que se cadra ignoren o próxima que a compositora, cantante e guitarrista estivo sempre das pioneiras do rockabilly. Porque cómpre lembrar que Kim Lenz, internacionalmente recoñecida como a raíña do rockabilly, compartiu escenario con Wanda Jackson e Janis Martin, recuperou xoias escuras da SUN como o Ten Cats Down de The Miller Sisters e compuxo e produciu case a totalidade do seu repertorio demostrando un basto coñecemento da música de raíz americana.

Deste xeito, escoitar o seu quinto álbum recén publicado Slowly Speeding achéganos tamén ao blues e ao country sen esquecer o rockabilly, polo que en 2015 The Ameripolitan Music Awards lle otorgou o galardón á mellor artista feminina do xénero.

Enganchada a compoñer cancións dende oque debutara con 20 anos co seu grupo Rocket Rocket, Kim Lenz non tardou en publicar o seu primeiro Ep coa axuda de Deke Dickerson. Un artefacto que chamou a atención de HighTone Records, cuxo presidente non dubidou en fichala.

Compartindo escuadra con Dale Watson xa como Kim Lenz & The Jaguars, a banda xirou por todo o mundo formando parte do cartel de festivais fundamentais da escena como o Viva Las Vegas ou a Rockin Race Jamboree.