LOS TORONTOS

Este combo barcelonés, arxentino e canadiense aterrará no Outono Códax 2019 cun dos seus frenéticos directos cheos de rock´n roll, frat rock, surf music e pop dos 60.

Influenciada pola música de finais dos anos 50 e primeiros dos 60, a formación integrada por Agustí Burriel (Velvet Candles), Spencer Evoy (MFC Chicken), El Lega (Legacaster), Xavi Ruiz (Los Locos del Oeste) e Berto Martínez (The Kabooms) practica un rock´n roll sen concesións mesturado con rhythm&blues e frat rock, unha combinación que converten cada un dos seus concertos nunha festa sen final e na que se atopan referencias como The Wailers, The Sonics, Lee Dresser, The Sheppards, Sam The Sham ou os mesmísimos Chuck Berry ou Johnny Guitar Watson.