THE FABULOUS RESACA BROTHERS

The Fabulous Resaca Brothers é unha banda galega integrada por algúns dos músicos galegos más solventes do panorama actual do xénero. A formación, nacida hai cinco anos como trío cun blues máis acústico e clásico, foi evolucionando co tempo nun grupo de talentosos instrumentistas que conta xa cun primeiro traballo no mercado, Primer Aviso.

Cun blues eléctrico, cheo de pegada e descaro, o combo chega ao Outono Códax para ofrecer un dos seus directos repletos de enerxía cos que consiguen achegar os sons do vello Chicago a este outro lado do Atlántico.