THE RHUM RUNNERS

The Rhum Runners son seis músicos portentosos que combinan rock´n roll cos grooves asiáticos e caribeños, facendo de cada un dos seus directos unha festa prodixiosa de alta voltaxe.

A banda franco-belga dedicada á música exótica dos anos 50 e 60, naceu en 2012 e con varios traballos ás súas costas no prestixioso selo Doghouse&Bone, percorre dende entón os escenarios dos festivais internacionais máis destacados -sucando mares de norte a sur, dende San Petersburgo a Málaga- para, como estes autodenominados mariñeiros din, “destilando o seu propio ron, soprando ata poñer a pista de baile ben quente e partindo cara á festa!”.