citas imprescindibles en compostela
soul, blues, rock&roll, rhythm&blues,
country, boogie woogie…
O Outono Códax Festival regresa o próximo 15 de outubro na que é xa a 9º edición do festival galego de música negra. E faino, un ano máis, achegando a Galicia o mellor do xénero a través do seu formato habitual, un ciclo de cinco concertos no que combina os sons máis selectos do rythm&blues, o soul e o rock´n roll clásico.
O festival –unha edición máis baixo o patrocinio de Martín Códax e coa colaboración de Pousadas de Compostela, así como a de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais– emprázate os próximos 15 e 19 de outubro; 9 e 29 de novembro; e 1 e 11 de decembro a citas ineludibles nas que participarán as mellores referencias do xénero a nivel internacional, nacional e galego, cun cartel (agás as bandas galegas) integramente inédito en Galicia, e no que figuran artistas de referencia como Kim Lenz, a raíña do rockabilly, o bluesman The Reverend Shawn Amos ou Gisele Jackson.
as cousas como son,
para non perdelo!
artistas
que non deberías perder
AUTOMATIC CITY
Son catro; son blues; son psicodelia; son raíz; son futuristas; son portentosos; son xenuínos. Son…únicos. E a do Outono Códax Festival será a súa primeira actuación en España. Os de Automatic City tamén son franceses (de Lyon), pero ben poderían ter saído dunha pirámide exipcia, ou dun pantano de Luisiana, ou da lámpada de Aladino […]
ESPIÑO
Espiño é o proxecto en solitario de Alfonso Espiño, compostelán nado en 1976 e activo no mundo da música dende hai máis de 25 anos. En Espiño, Alfonso da abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ao pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción […]
KIM LENZ
“Se Elvis fora muller, probablemente tería soado como Kim Lenz”. Palabras da edición estadounidense de Rolling Stone que se cadra ignoren o próxima que a compositora, cantante e guitarrista estivo sempre das pioneiras do rockabilly. Porque cómpre lembrar que Kim Lenz, internacionalmente recoñecida como a raíña do rockabilly, compartiu escenario con Wanda Jackson e Janis […]
Gisele Jackson
La tercera gran noche del festival será el 1 de diciembre en la Sala Capitol con otra de las grandes voces de la escena internacional: Gisele Jackson, considerada una de las damas del soul y el blues norteamericanos, llega al Outono Códax en sustitución de la inicialmente anunciada Nikki Lane (quien suspendió hace unos días […]
THE REVEREND SHAWN AMOS & THE BROTHERHOOD
The Reverend Shawn Amos chega por primeira vez a Galicia no marco do festival co seu contundente e emocional directo, unha viaxe a tempos pretéritos, a unha tenda de campaña evanxélica chea de fe enerxética lista para converter aos máis obstinados coa mensaxe do “Reverendo”, cargado sempre dun blues fondamente alegre e de melodías que […]
THE RHUM RUNNERS
The Rhum Runners son seis músicos portentosos que combinan rock´n roll cos grooves asiáticos e caribeños, facendo de cada un dos seus directos unha festa prodixiosa de alta voltaxe. A banda franco-belga dedicada á música exótica dos anos 50 e 60, naceu en 2012 e con varios traballos ás súas costas no prestixioso selo Doghouse&Bone, […]
LOS TORONTOS
Este combo barcelonés, arxentino e canadiense aterrará no Outono Códax 2019 cun dos seus frenéticos directos cheos de rock´n roll, frat rock, surf music e pop dos 60. Influenciada pola música de finais dos anos 50 e primeiros dos 60, a formación integrada por Agustí Burriel (Velvet Candles), Spencer Evoy (MFC Chicken), El Lega (Legacaster), […]
ANDREW COMBS
Delicatessen musical a que inclé este Outono Códax 2019 con Andrew Combs. E é así porque Combs (Dallas, 1986) está considerado pola crítica norteamericana (Rolling Stone, NPR,…) como un dos novos artistas de Nashville máis poéticos e dotados. Combs comezou a captar a atención nacional co lanzamento en 2012 do seu aclamado debut Worried Man, […]
HELEN AND SHANA
Helen and Shana é unha formación galega que iniciou a súa andaina como dúo en 2013 e que chega ao festival reforzando a súa proposta musical xa como cuarteto para presentar o seu novo traballo (“Tempo”), no que recollen influencias procedentes de distintas culturas, con letras en inglés, galego, portugués e español. Amante das texturas […]
THE FABULOUS RESACA BROTHERS
The Fabulous Resaca Brothers é unha banda galega integrada por algúns dos músicos galegos más solventes do panorama actual do xénero. A formación, nacida hai cinco anos como trío cun blues máis acústico e clásico, foi evolucionando co tempo nun grupo de talentosos instrumentistas que conta xa cun primeiro traballo no mercado, Primer Aviso. Cun […]
Entradas
ENTRADAS SOLTAS
CONCERTOS SALA CAPITOL
20 € (+gastos) anticipada
24 € taquilla da sala
ABONOS SALA CAPITOL
48 € (+gastos) ata esgotar localidades
inclúen acceso aos 4 concertos da Sala Capitol
Sala Riquela
entrada libre ata completar aforo.
Flamingo
entrada libre ata completar aforo.
Entradas en:
Tenda A Reixa-Matrioska (Santiago)
Honky Tonk y Discos Elepé (Vigo)
Rockbox (A Coruña)
www.ataquilla.com
www.salacapitol.com
(As e os menores de idade poderán acceder a todos os concertos acompañados dunha persoa adulta).
Rock&Porte 2019
Como en edicións anteriores, o Outono Códax pon en circulación o denominado “Rock´nporte”, un “pasaporte” directo e gratuíto aos concertos para aquelas persoas que realicen consumicións ou compras nos case 100 establecementos hostaleiros e comerciais que colaboran co festival.
Actividades paralelas
Exposición, miniciclo de charlas-coloquio, sesións out, allnighters
Como vén sendo habitual dende os seus inicios, o festival galego de música negra completará a súa proposta musical con distintas actividades paralelas, polo que nesta novena edición inclúe na súa programación un miniciclo de charlas-coloquio que se abrirá o sábado, 19 de outubro (11,30 h, Riquela Club) con tres dos grandes espadas da xornalismo musical en España: Toni Castarnado (MondoSonoro, Ruta 66, El País, Cadena Ser), Alfonso Cardenal (director de “Sofá Sonoro”, Cadena Ser) e Fernando Navarro (responsable de Música no diario El País). Os tres críticos abordarán a evolución dos xéneros soul e rockabilly nunha mesa denominada “Soul e rockabilly: da cruzada dos anos 50 ao rexurdir do século XXI”.
Ao remate do debate celebrarase unha das sesións out do festival (pequenos concertos gratuítos cos que o Outono Códax quere obsequiar ao seu público), neste caso protagonizada por Midnight Boozers, nova banda residente do Riquela, con repertorio de rock´n roll e soul clásicos.
Coincidindo con este primeiro coloquio, abrirase no mesmo espazo a expo “Sanmasville: rarezas e misceláneas de DJ Sanma”, na que se recolle parte da colección persoal de rarezas que o DJ galego leva coleccionando dende a súa infancia e que inclúe curiosas e valiosas pezas de música, cine, fotografía, deseño gráfico e arte da cultura underground americana dos 60. A mostra permanecerá aberta no propio Riquela Club ate o 25 de outubro.
O sábado 9 de novembro (11,30 h, tamén no Riquela) celebrarase unha segunda charla-coloquio, neste caso co músico e historiador compostelán Alfonso Espiño, quen repasará co público asistente a historia da música moderna en Compostela. Espiño realizou unha extensa investigación ao respecto na súa tese universitaria “Beat, pop e rock en Santiago de Compostela (1954-1978)”, traballo co que recibiu a máxima cualificación da USC (sobresaínte cum laude) e que permite obter unha completa cronoloxía da música moderna na capital galega. Ao remate da charla, o propio Espiño ofrecerá tamén en sesión vermú outra das out do festival, na que interpretará algúns temas nos que, como é habitual no músico galego, destilará o seu exquisito gusto polo pop anglosaxón clásico e atemporal.
Á mostra e aos coloquios uniranse como en cada edición as xa tradicionais allnighters do Outono Códax, “pinchadas” ao final de cada concerto con algúns dos DJ máis coñecidos do xénero.