Outono Códax Festival

Outono Códax Festival

Outono Códax Festival 2015

Información

Os concertos

_MG_8857

Sala Capitol. Santiago de Compostela.

Sábado  19/9/2015

MIKE SÁNCHEZ & his band
DAVID HOOPER  & the silverbacks
TRANSILVANIANS

Sábado  26/9/2015

THE VELVET CANDLES
TOMMY HUNT (The Flamingos) Invitado especial
THE GOSPEL SESSIONS (Michelle David | Onno Smit | Paul Willemsen)
SABELAKING & The Heartbreakers

Sábado  3/10/2015

NAOMI SHELTON &THE GOSPEL QUEENS
JUAN ZELADA BAND
THE SOUL JACKET

 

Entradas e abonos

Abonos e entradas dispoñibles a partir do 27 de xullo
Abono 3 concertos
39 eur. (en venda anticipada ata o 31 de agosto)
46 eur. (dende o 1 de setembro)
Prezos entradas soltas
20 eur. (+gastos) en venda anticipada
24 eur. en taquilla
Venda anticipada en:
Tenda A Reixa (Santiago)
M!randa (Santiago)
Honky Tonk (Vigo)
Discos Elepe (Vigo)
Discos Portobello (A Coruña)
www.ticketea.com
www.salacapitol.com


Extra_Outono

Viernes 2/10/2015 (concierto fuera de abono)
Sala Acapulco (Casino de Asturias)
Fernández Vallín – 33205 Gijón – Asturias
Precios entradas sueltas
18 eur. (+gastos) en venta anticipada
22 eur. en taquilla

NAOMI SHELTON &THE GOSPEL QUEENS

+THE LÁKAZANS

cartel

 

COMPRA DE ENTRADAS GIJÓN

 

 

 


Exposición

The_Police_Green_Street_London_1977

SIGNS OF THE SEVENTIES by LAWRENCE IMPEY

NUMAX
Concepción Arenal, 9 – Baixo
15702 Santiago de Compostela

Do 15 de setembro ao 10 de outubro

Signs of the Seventies é o título da expo na que se recolle unha selección da obra fotográfica de Lawrence Impey, autor de famosos retratos de bandas históricas como The Police ou Blondie. As fotografías da mostra datan do inicio e mediados dos anos 70 e foron impresas dixitalmente en papel Ilford Galerie Gold Fibre Silk a estándares de arquivo.

Lawrence Impey naceu en Bournemouth (Inglaterra) en outubro de 1951 e en 1957 mudouse coa súa familia a Lagos, Nixeria. Con temperá idade estivo entre Lagos e distintos internados británicos. Aos 17 anos trasládase a Londres e en 1971 regresa a Bournemouth para estudar Publicidade e Fotografía de Moda no  Poole Collage of Art. Logo dun tempo traballando nunha axencia publicitaria, incorpórase á industria musical como manager da banda británica Squeeze.
En 1977 coñece á súa parella de orixe xaponés Tomoko e marchan a vivir á Illa de Man coa súa filla Grace. Finalizando a década comeza a traballar no ámbito das tecnoloxías da información, área na que aínda segue desenvolvendo a súa actividade profesional na actualidade.
Impey continúa hoxe en día coa fotografía e segue revelando os seus propios films e realizando os seus propios proxectos.

 


Sesións Out

Outono_01

Actuacións en directo nas rúas do casco vello compostelán. A música do Outono Códax, de balde, en vivo e na rúa.
Estade atentos ás nosas contas de Facebook e Twitter porque será nelas onde anunciemos artistas, datas e lugares.

 


Pinchadas / Allnighters

Outono_09

Como xa é habitual en cada nova edición do Outono Códax, o festival volverá incluír as súas tradicionais “pinchadas” ou “allnighters” (termo empregado nos anos 60 para referirse ás festas que se celebraban despois dos concertos). Permanecede tamén atentos ás nosas redes porque a través delas iremos confirmando DJs, datas e espazos.

 


“Playlist” do festival

 


Algunha dúbida?

Teu nome (requerido)

Teu e-mail (requerido)

Asunto

Mensaxe

patrocinadores principais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR