Outono Códax Festival

Outono Códax Festival

Outono Códax Festival 2015

Novas do festival

Establecementos colaboradores Xixón

ByonwithComentarios desactivados en Establecementos colaboradores Xixón

Atención Asturias! Rock´nporte tamén para o “ExtraOutono” de Xixón. Aquí os establecementos onde podedes conseguilo

pasaporte_gijonpasaporte_gijon2

Ao igual que facemos en Galicia, para o “ExtraOutono” de Xixón tamén puxemos en circulación o que denominamos “Rock´nporte”, un “pasaporte” directo e gratuíto ao concerto de Naomi Shelton e The Lákazans (o vindeiro venres 2 de outubro na Sala Acapulco), para aquelas persoas que realicen 5 consumicións de viños Martín Códax nalgún dos establecementos hostaleiros que colaboran co festival na cidade asturiana.

Aquí tedes o listado completo onde podedes conseguilo:

8 PASOS COMIDAS Y BEBIDAS

BAR MARQUES 10

CAFÉ ÉBANO

CAFETERÍA HOTEL GIJÓN

CAFETERÍA URÍA-ROCES

EL LAVADERU TIENDA BAR

PIZZERÍA CICERONE

PIZZERÍA LA COMPETENCIA GIJÓN

PIZZERÍA LA COMPETENCIA LA ARENA

PULPERÍA A CALDEIRA

RESTAURANTE EL PLANETA

RESTAURANTE A FEIRA DO PULPO

RESTAURANTE CIUDADELA

RESTAURANTE LA CABAÑA

RESTAURANTE LA ZAMORANA

SAVOY CLUB

SIDRERÍA EL MUSEO

SIDRERÍA LA MANZAN DE XOVE

SIDRERÍA SOBIÑAGU

SIDRERÍA URÍA

SIDRERÍA VILLA LUCIA

VINATERÍA EL FEUDO

VINATERIA EL NARANJO

VINATERÍA LA SARTÉN

Segundo concerto

ByonwithComentarios desactivados en Segundo concerto

Que si, que si, que chega Tommy Hunt! E The Velvet Candles. E The Gospel Sessions. E Sabela King&The Heartbreakers!

TOMMY HUNT

Logo dun arranque ciclónico cun primeiro concerto protagonizado por Mike Sánchez, David Hooper&The Silverbacks e Transilvanians, o Outono Códax Festival continúa este sábado 26 de setembro, cunha segunda cita non menos atractiva na que participará –como artista convidado do seu V aniversario– Tommy Hunt, vocalista dos míticos The Flamingos e unha das lendas vivas do soul e o doo-woop contemporáneos.

Neste o seu segundo concerto, o festival galego de música negra –impulsado por Raíña Productions e A Reixa, e patrocinado por Martín Códax, coa colaboración de Pousadas de Compostela– contará ademais coa presenza dunha das agrupacións máis solicitadas no actual panorama internacional, The Gospel Sessions vol.1 (o último espectáculo proposto por Onno Smit e Paul Willemsen coa impresionante voz de Michelle David); os cataláns The Velvet Candles (considerados unha das mellores bandas de doo-woop); e os galegos Sabela King&The Heartbreakers, trío que percorre con sabedoría o blues, o country e o soul.

Sobre Tommy Hunt seguramente sobre dicir que forma parte do selecto grupo de grandes artistas que deixaron pegada na historia do doo-wop e a música negra. Cos míticos The Flamingos asinou varios hits das listas norteamericanas e en 1958 obtivo o recoñecemento mundial grazas a I Only Have Eyes For You, tema que segue sendo hoxe en día unha das cancións máis populares do xénero, incorporada en centos de recompilatorios e nas bandas sonoras de moitos films. Hunt abandonou o grupo para lanzar en solitario Parade of Broken Hearts, traballo que o consagrou individualmente e que o converteu nun dos habituais de The Apollo de Nova York, xunto a todos os grandes dos 60 como Marvin Gaye, Ray Charles, Diana Ross e The Supremes, Chuck Berry, The Shirelles, Dionne Warwik ou Sam&Dave, por citar só a algúns. De feito, Tommy segue sendo o único artista que ten a súa foto enmarcada no vestíbulo da mítica sala neoiorquina por partida dobre (unha con The Flamingos e outra como cantante en solitario).
Nos 80 o prestixioso Club Mirror Award recoñeceuno como o mellor vocalista masculino. En 1996 recibiu o Lifetime Achievement Award de The Rhythm and Blues Foundation pola contribución de The Flamingos á música contemporánea; en 2000 o Vocal Group Hall of Fame; en 2001 o Doo-Woop Hall of Fame e, ese mesmo ano, o The Rock and Roll Hall of Fame of America, pola contribución de 30 anos de The Flamingos á historia da música. Ao Outono Códax acode como estrela convidada para ofrecer un repaso ao mellor do seu repertorio, acompañado por The New Flamingos, formación integrada por algúns dos vocalistas de The Velvet Candles, a banda que o acompañará e anteriormente precederá en solitario na súa actuación deste sábado.

Este último grupo catalán está considerado un dos mellores de doo-woop, estilo co que xa consegueron cativar a público e crítica. De tal xeito que, non só obtiveron o recoñecemento ao longo do territorio estatal, senón que, ademais, tamén o fixeron a nivel internacional, con xiras por distintos países, incluída a súa participación no Hemsby Rock&Roll Weekender, o festival de referencia para o rock´n roll europeo. O feito de que The Velvet Candles incorpore banda instrumental aos seus directos dota de máis forza se cabe ao espectáculo a capela. Fieis aos sons dos anos 50, nos seus shows combinan temas propios con grandes clásicos da época, o que converte as súas actuacións en grandes festas de excepcional calidade ante as que o público acaba rendido.

The Gospel Sessions vol.1 é o último espectáculo proposto por Onno Smit e Paul Willemsen (de Beans & Fatback e Lefties Soul Connection), un proxecto que retorna elegantemente á esencia do gospel: desprenderse do superfluo e ver o que queda. Ese era o reto e decidiron resolvelo esplendidamente grazas á soberbia voz de Michelle David. A norteamericana é unha das grandes vocalistas de soul e gospel do actual panorama internacional. Orixinaria de Nova York, ten acompañado a estrelas da altura de Diana Ross ou Michael Bolton e é considerada unha das grandes voces do soul actual.

Sabela King &The Heartbreakers, encargados de abrir esta segunda noite do Outono Códax, percorren como poucos os territorios que transitan entre o blues, o country e o soul. O trío formado por Sabela King, Ramón Figueira e Benjamín Vázquez móvense estilisticamente con enorme soltura entre estes xéneros, adaptando versións dos grandes clásicos a un formato reducido, se ben no seu repertorio tamén inclúen temas propios. Dos seus espectáculos, destaca a poderosa voz de Sabela, que tanto pola súa sensibilidade, como polo seu timbre de voz, recorda ás grandes voces do soul e o blues clásicos, tal e como poderá comprobarse na segunda gran cita co festival.

Exposición

ByonwithComentarios desactivados en Exposición

Xa podedes ver en Santiago a exposición fotográfica do británico Lawrence Impey, retratista da escena musical dos anos 70

A mostra Signs of the Seventies inaugurouse en Numax coa presenza do seu propio autor e recolle, entre outros, algúns recoñecidos retratos de bandas como The Police ou de artistas como Debbie Harry, a vocalista de Blondie


 

Signs of the Seventies é o título da exposición que, no marco do Outono Códax Festival, ofrecerá en Santiago unha selección da obra fotográfica de Lawrence Impey, recoñecido retratista da escena musical dos anos 70.

O conxunto de fotografías que integran a selecta mostra –que foi inaugurada no espazo Numax, onde permanecerá aberta ata o 10 de outubro– data de inicios e mediados dos 70 e inclúe, entre outros, algúns dos retratos máis coñecidos de bandas como The Police ou de artistas como Debbie Harry, a admirada vocalista de Blondie, así como outros máis vinculados ao mundo da moda (ámbito no que Impey tamén desenvolveu a súa carreira profesional) e que, no seu conxunto, serven para ilustrar estes “signos dos anos 70”.

Lawrence Impey naceu en Bournemouth (Inglaterra) en outubro de 1951 e seis anos máis tarde mudouse coa súa familia a Lagos, Nixeria. Aos 17 anos trasládase a Londres e en 1971 regresa a Bournemouth para estudar Publicidade e Fotografía de Moda no  Poole Collage of Art. Logo dun tempo traballando nunha axencia publicitaria, incorpórase á industria musical como manager da banda británica Squeeze, producida entre outros por John Cale ou Elvis Costello. Como fotógrafo, Impey realizou, por citar algún exemplo, varias das fotografías do primeiro álbum de The Police e é autor da imaxe que ilustrou o primeiro single do mítico grupo liderado por Sting. Ademais, ten retratado a outros ilustres músicos, coma Rico Rodríguez, o mítico trombonista de The Specials (xunto a Madness, seguramente a principal banda de ska ata o momento), tristemente falecido a primeiros deste mes e que está sendo homenaxeado en Xapón, para cuxo evento estase a empregar a imaxe tomada por Impey.

Actualmente e á marxe da súa actividade no ámbito das tecnoloxías da información, Lawrence continúa hoxe en día coa fotografía, revelando persoalmente os seus propios negativos e realizando os seus propios proxectos.

A exposición de Lawrence Impey forma parte das actividades paralelas coas que celebramos este ano o V aniversario do Outono Códax.

CARTEL EXPOSICION

patrocinadores principais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR