Outono Códax Festival

Outono Códax Festival

Outono Códax Festival 2015

David Hooper & The Silverbacks

DAVID HOOPER (USA)
& THE SILVERBACKS

David Roland Hooper (Houston-Texas, 1955) estase a converter nun deses brillantes artistas aos que o tempo recoloca no lugar que verdadeiramente lles corresponde. De feito, a crítica xa o compara con estrelas veteranas que emerxeron de igual modo, como Sharon Jones, Lee Fields, Charles Bradley ou Sonny Knight (que xa participou na pasada edición do Outono Códax).

Sempre atraído polos latidos da vibrante escena do Southern Soul, David xa demostrou a súa calidade para o blues e o rhythm&blues na súa cidade natal. Dende alí, decide trasladarse a Os Ánxeles, capital das oportunidades, para lanzar a súa carreira como artista. Na cidade dos soños formou parte de importantes bandas de R&B e funk de California como: Hollywood, Another level ou Sooper Experience Band. Despois da súa etapa nos Ánxeles e As Vegas, e de percorrer os escenarios de todo o mundo, actuando en lugares como Hong-Kong, establecese en España, onde reside na actualidade.

A produtora Tucxone Records redescubre este talento e xuntos deciden traballar no seu novo proxecto. A química do equipo é palpable desde o primeiro momento. As intensas baladas e os riffs pegadizos son os cimentos dunha sólida montaña coroada pola aterciopelada e expresiva voz de David. Con The SilverBacks como backing band (formación integrada por algúns dos máis reputados músicos do xénero) recollen o testemuño do incombustible facho do soul e rubrican o seu nome no libro da historia da música negra.

 

patrocinadores principais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR