Outono Códax Festival

Outono Códax Festival

Outono Códax Festival 2015

The Gospel Sessions

THE GOSPEL SESSIONS (Holanda-USA)

“Qué pasaría se tivésemos que presentar o Evanxeo a cachos?”. Esta foi a pregunta que Onno Smit e Paul Willemsen (de Beans & Fatback e Lefties Soul Connection) fixéronse cando se propuxeron emprender o proxecto The Gospel Sessions vol.1, un proxecto que retorna elegantemente á esencia do gospel: desprenderse do superfluo e ver o que queda. Ese era o reto e o resolveron esplendidamente grazas á soberbia voz de Michelle David.

 

A norteamericana (que volve ao Outono Códax por aclamación popular despois do seu espectacular directo na edición 2013) é unha das grandes vocalistas de soul e gospel do actual panorama internacional. Orixinaria de Nova York, acompañou a estrelas da talla de Diana Ross ou Michael Bolton e é considerada unha das grandes voces do soul actual.

Agora, e a través do espectáculo The Gospel Sessions vol. 1, destilará o sabor máis orixinal do xénero. Unha reinvención a través do minimalismo. Non hai Hammond, nin coros; si guitarras e baixos que soan como antano: os sons provenientes de Mali que chegaron ao Caribe e logo recuperaron en Nova Orleans. Un show de pel, de calidade, dos que non se esquecen

 

patrocinadores principais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR