Outono Códax Festival

Outono Códax Festival

Outono Códax Festival 2015

Juan Zelada Band

JUAN ZELADA BAND (Madrid)

Juan Zelada, un dos máximos expoñentes do neo-soul patrio, estrease no Outono Códax cun espectáculo preparado para o festival.

Criado nun contorno de músicos no que as reunións familiares consistían en jam sessions, non é de estrañar que Juan Zelada desenvolvese o seu talento de maneira tan frutífera. En 2006 completa os seus estudos musicais cunha bolsa no Liverpool Institute for Performing Artists, onde recibe de mans de Paul McCartney o recoñecemento á mellor composición da súa promoción; “Smashing CD”, díxolle daquela o ex-Beatle.

Tras mudarse a Londres, monta a banda coa que xirará os seguintes anos, ademais de tocar, incombustible, en cafés, pubs, hoteis e mesmo cruceiros, remata gañándose unha reputación no circuíto de directos que culmina co seu teloneo a Amy Winehouse en Back to Black Tour.

En 2012 lanza o seu single Breakfast in Spitafields que se converte inmediatamente nun dos grandes éxitos británicos, sendo a canción máis radiada da BBC dese ano, só por detrás de Adele.

Continúa tocando con bandas como The Noisettes, Gavin Degraw, Ben Howard ou Michael Kiwanuka; ademais de dous tours propios e máis de trinta festivais por todo o Reino Unido.

Chama a atención de Decca Records, cos que edita o seu primeiro álbum High Ceilings & Collar Bones que continúa recibindo as loas de público e crítica; a BBC London News o lista como un dos artistas a seguir do 2012. O segundo single The Blues Remain convértese en Single da Semana de iTunes e inclúese de novo na Playlist A da BBC.

Ao ano seguinte edita o seu EP Follow The River e expande fronteiras máis alá do territorio británico, recibindo o European Border Breakers Award no Eurosonic Fest en Holanda; ademais é convidado por Jools Holland para participar no seu show.

Regresa a España ese mesmo Nadal e comeza 2014 viaxando por Sudamérica cunha mochila e a súa guitarra, dando forma aos temas do seu seguinte disco.

De volta do seu periplo americano métese no estudio co produtor español Carlos Jean, dando como resultado meses despois Back On Track, o seu primeiro disco para o selo Muwom editado a principios deste ano. Nel, Juan conxuga a súa consabida identidade soulera con novas influencias e a pegada Big Beat e electrónica do recoñecido produtor.

O primeiro single extraído do álbum, Dreaming Away, sonou nas principais emisoras e foi escollido para unha importante campaña publicitaria. Coa súa nova banda leva xirando sen parar desde o lanzamento de Back on Track, compartindo escenario con artistas como Eli “Paperboy” Reed ou Delorentos.

 

patrocinadores principais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR