MIKE SÁNCHEZ
& HIS BAND (REINO UNIDO)
O cantante, pianista e guitarrista británico Mike Sánchez é, hoxe por hoxe, un dos artistas máis carismáticos e coñecidos do rhythm&blues y el rock´n roll actuais. Os seus contundentes directos, que o consagraron como un verdadeiro animal escénico (co seu potente e frenético boogie-woogie), xa se ten gañado milleiros de fans por todo o mundo e atraído a distintas lendas do rock e do blues que quixeron colaborar con el.
Así, Mike permaneceu catro anos como membro permanente de Rhythm Kings, a banda do ex baixista de The Rolling Stones Bill Wyman, á fronte da que estivo durante as súas recoñecidas xiras mundiais. Compartiu escenario con grandes mitos do soul mundial como Percy Sledge, Ben E King, Solomon Burke ou Sam Moore e gravou o seu aclamado traballo Almost Grown xunto a Imelda May. A prestixiosa publicación Blues in Britain designouno como o pianista do ano, durante catro años consecutivos (2000-2004).
Mike Sánchez, de pais españois, naceu co nome de Jesús Miguel Sánchez no East End londinense en 1964. Con 11 anos, a súa familia trasladouse a Worcestershire, no West Midlands, onde comezou a tocar o piano e desenvolveu a súa paixón pola música de raíces americanas da década de 1950 durante os seus anos de escola secundaria. Na súa adolescencia aprendeu a tocar a guitarra de maneira autodidacta e formou Los Rockets, un trío rockabilly.
Pouco despois, Mike coñeceu ao antigo membro de Chicken Shack, Savoy Brown e ao polifacético músico de Steve Gibbons, Andy Silvester, grazas a Robert Plant, de Led Zeppelin, o que conduciu á formación dos Big Town Playboys en 1984, especializada no auténtico rhythm&blues de posguerra.
O pianista de Procol Harum, Gary Brooker, converteuse nun fan temperán e presentoulle a Mike aos seus amigos Eric Clapton e Andy Fairweather-Low, de Amen Corner. Este último fichou como guitarrista cos Big Town Playboys durante dous anos na década de 1990. Mick Fleetwood, de Fleetwood Mac, é outro dos grandes que inclúe con asiduidade a Mike nos seus plans sempre que resulta posible.
Mike gravou unha serie de álbums, incluído o clásico rockabilly Crazy Legs, co gran guitarrista Jeff Beck, en 1993. Os Big Town Playboys actuaron en varias ocasións como teloneiros de Eric Clapton no London Royal Albert Hall e apareceron en numerosos festivais europeos de música, apoiados por grandes músicos de blues como Lowell Fulson, Don & Dewey, Lonnie Brooks, Joe Hughes, Jimmy Nelson, Carey Bell e o gran Little Willie Littlefield.
En 2003, Mike tambén participou na produción e gravación da banda sonora da película I’ll Be There (En España, Asuntos de familia). Ese mesmo ano lanzou un DVD de 2 horas titulado Red Hot … Live! con espectáculos en directo da súa propia banda e de “The Mike Sanchez Rhythm & Blues Revue”, un espectáculo ao estilo Johnny Otis de 1950, mostrando o protagonismo doo-wop do trío vocal Los Extraordinarios e Imelda May.
En 2007, Sánchez foi seleccionado como vocalista convidado en Rhythm Kings, de Bill Wyman, nun dos eventos musicais máis recoñecidos e publicitados do ano: a reunión de Led Zeppelin no O2 Arena de Londres, unha homenaxe en memoria do falecido Ahmet Ertegun, fundador de Atlantic Records. Dende entón, os seus distintos traballos e as súas xiras non fixeron máis que agrandar a figura de Mike.
O electrizante artista chega agora por primeira vez ao Outono Códax ca súa actual banda, un grupo de virtuosos músicos que inclúe a Tom Bull na guitarra; o baixista Nick Whitfield (tanto Tom como Nick proveñen dos Leicester’s Drugstore Cowboys); o veterano batería de Mike, Mark Morgan; Nick Lunt no saxo barítono (Rhythm & Blues Orchestra Jools Holland) e Nicholas Payn. Xuntos ofrecerán, seguro, un espectáculo deses que non se esquecen.
