SABELA KING & The Heartbreakers (Galicia)
Sabela and The Heartbreakers percorren como poucos os territorios que transitan entre o blues, o country e o soul. O trío formado por Sabela King, Ramón Figueira e Benjamín Vázquez móvense estilisticamente con enorme soltura entre estes xéneros, adaptando versións dos grandes clásicos a un formato reducido, se ben no seu repertorio tamén inclúen temas propios.
Nos espectáculos de Sabela King & The Heartbreakers cabe destacar a poderosa voz de Sabela, que tanto pola súa sensibilidade, como polo seu timbre de voz, recorda ás grandes voces do soul e do blues. De igual xeito, tanto a selección dos temas como a forma de arranxalos e interpretalos fan que os seus directos acaben sendo unha pequena gran viaxe ao pasado.
