Outono Códax Festival

Outono Códax Festival

Outono Códax Festival 2015

Transilvanians

TRANSILVANIANS (Galicia)

Transilvanians fórmase en Vigo no ano 2004 como septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra de raíz, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror reggae, dub ou R&B xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alta voltaxe que se poden atopar actualmente no panorama estatal.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado, Echo, Vibes & Fire, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou en estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis a.k.a. Mr. Symarip (co que gravaron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

patrocinadores principais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR