Outono Códax Festival

Outono Códax Festival

Outono Códax Festival 2015

The Velvet Candles

 

THE VELVET CANDLES (Cataluña)

The Velvet Candles está considerada unha das mellores bandas estatais de doo-woop, estilo co que conseguiu cativar a miles de persoas. De feito, non só obtiveron o recoñecemento ao longo do territorio estatal, senón que, ademais, o fixeron a nivel internacional, con xiras por distintos países, incluída a súa participación no Hemsby Rock&Roll Weekender, o festival de referencia para o rock´n roll europeo.

A banda formouse no ano 2008, se ben todos os seus membros contan con sólidas traxectorias como integrantes de distintos grupos, coa curiosa coincidencia de que moitos deles utilizaban o nome de “Candles” nas súas respectivas anteriores formacións.

O feito de que The Velvet Candles incorpore banda instrumental aos seus directos dota de máis forza se cabe o espectáculo a capela. Fieis aos sons dos anos 50, nos seus shows combinan temas propios con grandes clásicos da época, o que converte as súas actuacións en grandes festas de excepcional calidade ante as que o público acaba rendido.

 

 

patrocinadores principais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR